Venres, 26 de xuño de 2020
O alumnado matriculado neste centro de ensino nalgún dos ciclos formativos de grao medio ou superior que non superou o 1º curso e queira volver matricularse no IES Calvo Sotelo deberá facer previamente unha reserva de praza para o curso 2020-2021 a través da solicitude web e, NO PRAZO CORRESPONDENTE, presentar solicitude de matrícula na secretaría do centro:
Pasos a seguir:
1.- Presentación solicitude de admisión vía web
PRAZOS: DO 25 DE XUÑO ATA O 8 DE XULLO ÁS 13.00 HORAS
2.- Presentación de solicitude de matrícula na secretaría do centro:
PRAZOS: DO 21 DE XUllO ATA O 27 DE XULLO ÁS 13.00 HORAS
Recordatorio:
as persoas que teñan que acceder ao centro de ensino para realizar calquera trámite deberán ir provistas de MÁSCARA E BOLÍGRAGO e respectar en todo momento as medidas de prevención e hixiene fronte ao covid-19 marcadas polo centro