Secretaría

CONVOCATORÍA PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO E SUPERIOR 2025


17/02/2025


Publicada a Orde no DOG do 13 de  febreiro de 2025 
 

Aclarar que na convocatoria deste ano coincide o prazo de presentación de solicitudes para grao medio e para grao superior
     • Orde da convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior.
     • Información sobre a proba de acceso a grao superior.
     • Información sobre a proba de acceso a grao medio.
     • Calendario das probas.
Na convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior para o ano 2025 as persoas solicitantes soamente
poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da aplicación informática "Ciclosprobas" , que funcionará como asistente, desde a
opción dispoñible na páxina www.edu.xunta.gal/fp/probas ou ben directamente na desde a seguinte ligazón:
(https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). 
A aplicación informática Ciclosprobas para a convocatoria 2025 estará dispoñible desde o día 24 de febreiro.
O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior comenzará o 24 de febreiro e
finalizará o 12 de marzo de 2025.
O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio comenzará o 24 de febreiro e
finalizará o 12 de marzo de 2025.

Outras novas