A Consellería de educación ven de publicar os prazos do proceso de admisión e matriculación en FP Básica para o curso 2024-2025.
NOTA: os procesos de solicitude de incorporación e de ADMISIÓN á ciclos formativos de GRAO BÁSICO do ALUMNADO DA ESO serán tramitados polo CENTRO DE ORIXE deste alumnado.
A matrícula deste alumnado de nova incorporación deberá formalizarse no centro de destino a partir do 23 de xullo.
Alumnado de 1º FP BÁSICA QUE VAI REPETIR (por 1ª vez)
Prazos para solicitar preinscripción : DO 24 DE XUÑO AO 4 DE XULLO
Lugar: Secretaría do IES Rosalía Mera
Prazos para presentar matrícula: DO 23 AO 31 DE XULLO
Lugar: Secretaría do IES Rosalía Mera
Alumnado de 1º FP BÁSICA QUE QUERE SOLICITAR OUTRO PERFIL PROFESIONAL (o alumnado ten que ter 17 anos ou cumprilos antes do 31/12/2024)
Prazos para solicitar admisión : DO 24 DE XUÑO AO 4 DE XULLO
Lugar: Centro educativo que oferta o perfil profesional que quere solicitar
NOTA: este alumnado NON TEN GARANTIDA A PRAZA NO CENTRO E CICLO QUE SOLICITA
Alumnado de 1º FP BÁSICA QUE PROMOCIONA a 2º e alumnado QUE VAI REPETIR 2º CURSO
Prazos para presentar solicitude e matrícula: DO 24 DE XUÑO AO 4 DE XULLO
Lugar: Secretaría do IES Rosalía Mera
Alumnado de 1º FP BÁSICA QUE PROMOCIONA a 2º e alumnado QUE VAI REPETIR 2º CURSO E QUERE CAMBIAR DE CENTRO
Prazos para presentar solicitude e matrícula: DO 24 DE XUÑO AO 4 DE XULLO
Lugar: Centro educativo onde quere solicitar praza
NOTA: este alumnado NON TEN GARANTIDA A PRAZA