A narradora, poeta, ensaísta, filóloga e violinista Luísa Villanta Gómez é a protagonista das Letras Galegas 2024. A autora homenaxeada , tal e como apuntou a académica Margarita Ledo , "é unha autora plena. A paixón pola literatura moveu a súa escritura".

E ficaremos sós
mar e siléncio.
Cando a noite me veña desvendar
con amor prometido e demorado
estes ollos que ollaron tanto nada,
as follas que caíron ao meu pé
serán pisadas.
Música reservada, 1991
Mírate, mírame, mírate en min
e escóllete
escolle como te amo.
En concreto, 2004
Os homes non teñen nada que consentir
nin conceder ás mulleres: só ver, e
escoitar, respeitar e, por qué non,
aprender do que dicemos e escrebemos.
Oxalá todas estas palabras cheguen a
converterse no silencio da evidencia,
vivida sen máis nun mundo
verdadeiramente compartido.
Escrita e mulleres, 2003