Secretaría

Admisión e matrícula FP Básica para o curso 2026-2027


12/06/2026

Prazos, instruccións e impresos

INFORMACIÓN:

Pode consultar os seguintes enlaces:

Instruccións xerais FP Básica 2026-2027

Guía rápida FP Básica (2026-2027)

PROCESO E PRAZOS

Alumnado que xa estivo matriculado no noso centro e queira continuar no mesmo ciclo:

A) Repetidores de 1º curso : 

1º PASO- SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA SECRETARÍA ( prazo do 23 ao 30 de xuño ás 13:00h)

2º PASO: MATRÍCULA NA SECRETARIA DO CENTRO ( do 10 de xullo ao 15 de xullo ás 13:00h).

  1. B) Alumnado que promociona segundo e repetidores de 2º

Debe matricularse na secretaría do 22 de xuño ao 30 de xuño ata as 13:00 h.

 

  1. C) Alumnado que cursou un ciclo formativo de grao básico e quere cambiar a un ciclo formativo de grao básico diferente

  1. Alumnado que NON ten feitos 16 anos no período de presentación de solicitudes de admisión

Se este alumnado cursou un ciclo formativo de grao básico no curso 2025-2026 e quere iniciar un ciclo formativo de grao básico diferente para o curso 2026-2027, está obrigado a preinscribirse e formalizar a súa matrícula no ciclo formativo de grao básico iniciado no curso 2025-2026 e só poderá incorporarse a un ciclo formativo de grao básico diferente se este conta con prazas liberadas ou ben reincorporarse á ESO.

De haber praza liberada no ciclo formativo do seu interese, acudirá ao centro no que se oferte e formalizará matrícula (previa anulación da matrícula preexistente no outro centro).

  1. Alumnado que ten feitos 16 anos no período de presentación de solicitudes de admisión

Se este alumnado cursou un ciclo formativo de grao básico no curso 2025-2026 e quere iniciar un ciclo formativo de grao básico diferente para o curso 2026-2027, poderá presentar solicitude de admisión no centro educativo no que se oferte o ciclo ao que desexa acudir. Esta nova solicitude de admisión implica a perda da praza no cen-tro no que cursou o ciclo formativo de grao básico no curso 2025-2026, e podería retornar a el en caso de existir vacantes.

 

 

 

 

 

 

Outras novas