Secretaría

INSTRUCIÓNS ALUMNADO QUE TITULOU EN FPB E QUEIRA SOLICITAR PRAZA NUN CICLO FORMATIVO


Venres, 26 de xuño de 2020

O alumnado da FP Básica do IES Calvo Sotelo que titulou nalgún dos ciclos formativos impartidos no centro e desexa matricularse  para o curso 2020-2021 nun ciclo formativo de grao medio DEBERÁ presentar  previamente solicitude de admisión a través da www.edu.xunta.es/fp , podendo utilizar o asistente informático que está disponible na devandita páxina da Consellería de Educación.

 

Pasos a seguir:

1.- Presentación solicitude de admisión vía web​

ADMISIÓN A CICLOS DE GRAO MEDIO. CURSO 2020-2021

 

IMPORTANTE: A normativa indica que as persoas que posúen o título da ESO e o título de FP Básica deben participar no proceso de admisión co acceso polo título de FP Básica.

 

PrAZOS: Do 25 DE xuñO aTA o 8 DE xullO ás 13.00 HORAS

 

2.- Presentación de solicitude de matrícula no centro de ensino adxudicado pola Consellería de Educación:

Prazos: Do 21 DE xullO atA o 27 DE xullO áS 13.00 HORAS

 

Para máis información consulta:

Oferta formativa FP Galicia 2020-2021 

Proceso de admisión a ciclos de formación profesional. Curso 2020-2021

 

Recordatorio:
as persoas que  teñan que acceder ao centro de ensino para realizar calquera trámite deberán ir provistas de MÁSCARA E BOLÍGRAGO e respectar en todo momento as medidas de prevención e hixiene fronte ao covid-19 marcadas polo centro 

Outras novas