Secretaría

Aberto o prazo de inscrición para participar nas probas de acceso a ciclos superiores de FP. Convocatoria 2019


martes, 29 de xaneiro de 2019

O prazo de inscrición para participar nas probas de acceso aos ciclos superiores de FP estará aberto do 28 de xaneiro ata o  8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.

As persoas que teñades polo menos dezanove anos e non cumprades os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior podedes participar nestas probas de acceso que se dividen en dúas partes

  • Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas
  • Parte específica:
    • Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
    • Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
    • Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

 

Para participar nestas probas podedes acceder, a través da páxina da Xunta,  á aplicación informática que dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición  telemática a ciclos formativos de grao superior ou ben descargarvos e cubrir o seguinte modelo de solicitude de inscrición (Anexo II)  e no caso de querer solicitar tamén a exención da parte específica por experiencia laboral tedes que descargarvos o seguinte modelo de certificación de actividades (Anexo X) realizadas na empresa  que deberá ser cuberto pola empresa na que estivéstedes contratadas.

Se queredes máis información sobre estas probas de acceso a ciclos superiores de FP  podedes consultar a convocatoria 2019

Outras novas