Secretaría

Convocadas las pruebas para la obtención del título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria (ESO)

probas graduado eso.png
Martes, 29 de enero de 2019

La Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca las pruebas para la obtención del títuo de graduado en educación secundaria obligatoria para mayores de 18  en las convocatorias de mayo y septiembre de 2019

Nestas probas poderán participar as persoas que teñan cumprido os 18 anos, non estean en posiesión do título de ESO e non estean matriculadas no curso 2018/2019 nas ensinanzas de Educación Secundaria Ordinaria nin nas de Formación Profesional Básica.

Os prazos de matrícula son dous:

  • Para a Convocatoria de maio: 11 de marzo ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
  • Para a convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.

 

As solicitudes de inscrición (ANEXO I) deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican na resolución do 15 de xaneiro de 2019 publicada no DOG núm.17 do 24 de xaneiro de 2019.

Datas de realización das probas:

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 24 de maio e 6 de setembro para as respectivas convocatorias

A sesión de mañá terá dúas partes:

  • De 9.30h ás 12 h           ► Proba do ámbito científico-tecnolóxico (Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química  e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coas saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física) ,
  • De 12.15 h. ás 13.15 h ►Proba do ámbito social (Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Atividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e visual e Música)

 

Na sesión da tarde realizarase :

Das 16.00 h ás 19.00 h             ►Proba de ámbito da comunicación (Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura e Lingua estranxeira

                                           

As persoas interesadas nestas probas podedes obter máis información no DOG 17  onde foi publicada a convocatoria destas probas       

Otras noticias