Secretaría

Publicada a convocatoria-2019 das probas para a obtención de carnés e habilitacións profesionais

caratulas_portal_fp_carnes_profesionais_v82_0.png
martes, 12 de febreiro de 2019

A Consellería de educación ven de publicar a Orde pola que se convocan as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2019.

Prazo e lugar de presentación de solicitudes

  • Para a primeira convocatoria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 18 de febreiro ao día 1 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
    • Especialidades da primeira convocatoria 2019
      • Carnés profesionais que se convocan: Carné profesional de operador/a de guindastre torre e Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
      •  Habilitacións profesionais que se convocan: Operador/a industrial de caldeiras.
  • Para a segunda convocatoria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 1 ao día 12 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.
    • Especialidades da segunda convocatoria 2019
      •  Carnés profesionais que se convocan: carné profesional en instalacións térmicas de edificios, carné profesional de operador/a de guindastre torre, carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A e carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
      • Habilitacións profesionais que se convocan: operador/a industrial de caldeiras, instalador/a de gas, categoría A, instalador/a de gas, categoría B,  instalador/a de gas, categoría C, instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I, instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II, reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III, manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados, manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados, manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados e manipulador/a en equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Ley  39/2015,  do  1  de  outubro,  do  Procedemento  Administrativo Común das Administracións Públicas

Outras novas