xoves, 21 de febreiro de 2019
A Consellería de Educación ven de publicar as listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019.
- As persoas que figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentación achegada coa súa solicitude poden coñecer os erros detectados na súa solicitude na ligazón www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Edición de solicitudes e consulta de expedientes>> –indicando o número da súa solicitude e o seu PIN–, ou tamén na sede onde presentou a solicitude.
- As persoas que figuran na listaxe de solicitantes maiores de 25 anos que non poidan xustificar a documentación esixida deben coñecer que a súa solicitude e a súa documentación vai ser analizada pola comisión coordinadora do procedemento de acreditación de competencias.
- Para todas as listaxes, independentemente da listaxe na que figure, debe verificar que os datos persoais ou as unidades de competencia solicitadas coinciden coas da listaxe. Se detecta algún erro debe presentar unha reclamación.
- Se non figura en ningunha listaxe e seguiu o procedemento establecido para a presentación da solicitude e a documentación, isto é, cargou a súa solicitude na aplicación dispoñible en www.edu.xunta.es/acreditacion e fixo a entrega mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia, poderá presentar reclamación dirixida á mesma sede.
IMPORTANTE! O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do xoves día 21 de febreiro ao sábado día 2 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.