A Consellería de educación, Universidade e Formación Profesional ven de abrir o prazo para participar nas probas libres para obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional.
Cales son os requisitos que teñen que cumprir as persoas solicitantes?
Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, que modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (basicamente para ciclos medios, título de formación profesional básica, de ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
- Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico
- Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico
- Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
- Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.
► Se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder:
- As persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada: Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente
- As persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo.
- As persoas que superasen o módulo de Formación en centros de traballo, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo, do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.
Lugar de presentación de solicitudes: na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.
Prazo de solicitudes de admisión: do 15 ao 30 de abril de 2019 ata as 13:00 h.
Documentación e outra información: pinchando no seguinte ENLACE