A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de convocar o proceso de acreditación de competencias profesional adquiridas a través da experiencia laboral para o ano 2020 (Consulta a orde de convocatoria)
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2020
Calendario previsto para o procedemento de acreditación
A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 13 de xaneiro de 2020.
Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
RECORDA! Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica
As persoas interesadas poden consultar no seguinte enlace máis información da convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais