Secretaría

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para as Probas de acceso a ciclos de grao superior. Orde de convocatoria 2020

sin titulo.png
Luns, 10 de febreiro de 2020

A Consellería de Educación de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de abrir o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás Probas de acceso a ciclos de grao superior. 

O prazo está abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos

As persoas que teñades polo menos dezanove anos e non cumprades os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior podedes participar nestas probas de acceso que se dividen en dúas partes

  • Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas
  • Parte específica:
    • Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
    • Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
    • Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

Para participar nestas probas podedes acceder, a través da páxina da Xunta,  á aplicación informática que dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición  telemática a ciclos formativos de grao superior e ao calendario de probas de acceso

A Orde que regula as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) é a Orde do 20 de xaneiro de 2020 (DOG 26 do 7 de febreiro)

Se queredes máis información sobre estas probas de acceso a ciclos superiores de FP  podedes consultar a CONVOCATORIA 2020

Outras novas