Secretaría

Instruccións e aclaracións sobre o reintegro de BECAS concedidas para o curso 2019-2020


luns 18 de maio de 2020

Con motivo da declaración do estado de alarma pola crise sanitaria da Covid-2019, o Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou unhas instruccións para a xestión do reintegro das becas correspondentes ao curso 2019-2020  (7 de maio ), así como unha aclaración ás mesmas (14 de maio).

O alumnado beneficiari@ destas becas que teña dúbidas ao respecto dos motivos polos que se pode perder a axuda concedida,  pode entrar na sección de SECRETARÍA  para acceder ás instruccións e aclaracións do Ministerio, onde se recollen, entre outras, as causas  da devolución de bolsas de axudas concedidas a estudantes con NEAE e se aclara que  optar por aprazar a realización do módulo de FCT para setembro 2020 NON é  un dos motivos de perda da bolsa de estudo concedida. 

Outras novas