Secretaría

Convocatoria de Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2019-2020


Luns, 1 de xuño de 2020

A Consellería de Educación ven de abrir a convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O prazo de presentación de solicitudes de matrícula será do 1 ao 12 de xuño de 2020.

As persoas que desexen presentar a solicitude de matrícula para participar nas probas libres de FP no IES Calvo Sotelo deberán SOLICITAR CITA PREVIA no seguinte correo electrónico: ies.calvo.sotelo@edu.xunta.es

 

As persoas interesadas nas probas poden consultar máis información sobre a convocatoria actual

 

Outras novas