PRAZO DE MATRÍCULA
O prazo de matrícula para a primeira convocatoria será do 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos. A matrícula realizarase nos termos establecidos na Resolución do 24 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.
REQUISITOS PARA INSCRIBIRSE NESTA PROBA:
- Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
- Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2019/20 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
- O alumnado matriculado durante o curso 2019/20 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
- Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
- Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifica o punto 3 da Resolución do 24 de xaneiro de 2020 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A) que figura como anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
As persoas aspirantes que desexen formalizar a súa inscrición na provincia da Coruña poderán facelo nos seguintes centros de ensino
A Coruña: Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15011 A Coruña.
Ferrol: Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
Santiago de Compostela:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
Carballo: IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.
DATA DE CELEBRACIÓN DA PROBA
A primeira convocatoria da proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos celebrarase o día 7 de setembro do 2020.
PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTAS PROBAS accede á Resolución 4 de xuño 2020 e Resolución 24 de xaneiro de 2020