Secretaría

O IES Calvo Sotelo acolle a exposición «Antonio Fraguas, memoria dun soño», para celebrar o Día das Letras Galega


Martes, 14 de maio de 2019

 O IES Calvo Sotelo acolle unha exposición centrada na figura de Antonio Fraguas, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A mostra  leva por título "memoria dun soño» e estará exposta ao longo do mes de maio.

A exposición «Antonio Fraguas, memoria dun soño», consta dunha guía didáctica e 10 carteis nos  que se fai un percorrido pola vida de Antonio Fraguas e as achegas que, en diferentes momentos dela, fai á cultura galega, ata que, no final da súa existencia, coa chegada da democracia e da autonomía para Galicia, empeza a ver como se materializa o vello soño que guiou o seu percorrido vital. Ao tempo, vanse ofrecendo datos acerca da sociedade, da economía ou da política de cada momento histórico que axudan a comprender a súa figura e a súa obra.

 

Otras noticias