Secretaría

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA DO ALUMNADO DE 1º CURSO DE CICLOS FP 2019-2020

prazo matricula 1 curso 1 adxudicacion 2019-2020.png
Martes, 16 de xullo de 2019

A Consellería de educación ven de abrir o prazo de matrícula do alumnado admitido en cada ciclo formativo de Formación Profesional, desde as 9:00 horas do martes 16 de xullo ata as 13:00 horas do martes 23 de xullo de 2019.

A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

As persoas ás que se lle adxudicaron praza nalgún ciclo formativo do IES Calvo Sotelo pode consultar a documentación necesaria para matricularse no prazo establecido pola Consellería no seguinte enlace da páxina do centro: SECRETARIA 

NOTAS:

1º.- Estar matriculada/o en calquera ensinaza implica a renuncia a continuar participando no proceso de admisión en ciclos formativos.

2º.- A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

OLLO!! De non matricularse ou renunciar á praza no periodo establecido apra a 1ª adxudicación ordinaria, a solicitude será eliminada do proceso de admisión.

 

Outras novas