Secretaría

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS DE FP CON PRAZAS VACANTES


Mércores, 17 de xullo de 2019

A Consellería de Educación ven de abrir o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 17 ás 9:00 horas ata o día 23 de xullo ás 13:00 horas (abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria)

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes.

A matrícula realizarase por orde de chegada.

As persoas interesadas en solicitar a matrícula en ciclos formativos ofertados polo IES Calvo Sotelo (réxime ordinario) con prazas liberadas podedes consultar o seguinte enlace da páxina web do centro www.iescalvosotelo.com  SECRETARIA  

NOTA: A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

 

PARA CONSULTAR AS PRAZAS LIBERADAS NOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR POR CENTROS DE ENSINO PÓDESE ACCEDER A TRAVÉS DOS SEGUINTES ENLACES ►  

Réxime ordinario

 

Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

   
Modalidade distancia

Outras novas