2ª ADXUDICACIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE FP. CURSO 2019-2020. PRAZO MATRÍCULA ABERTA
venres, 26 de xullo de 2019
A Consellería de Educación ven de publicar as listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.
O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde as 9:00 horas do venres 26 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 31 de xullo de 2019.
A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional.
Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo: