A narradora, poeta, ensaísta, filóloga e violinista Luísa Villanta Gómez é a protagonista das Letras Galegas 2024. A autora homenaxeada , tal e como apuntou a académica Margarita Ledo , "é unha autora plena. A paixón pola literatura moveu a súa escritura".

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
E ficaremos sós
mar e siléncio.
 
Cando a noite me veña desvendar
con amor prometido e demorado
estes ollos que ollaron tanto nada,
as follas que caíron ao meu pé
serán pisadas.
 Música reservada, 1991
 
 
Mírate, mírame, mírate en min
e escóllete
escolle como te amo.
 En concreto, 2004
 
 
Os homes non teñen nada que consentir
nin conceder ás mulleres: só ver, e 
escoitar, respeitar e, por qué non,
aprender do que dicemos e escrebemos.
 
Oxalá todas estas palabras cheguen a
converterse no silencio da evidencia,
vivida sen máis nun mundo
verdadeiramente compartido.
  Escrita e mulleres, 2003