INFORMACIÓN:
Pode consultar os seguintes enlaces:
Instruccións xerais FP Básica 2026-2027
Guía rápida FP Básica (2026-2027)
PROCESO E PRAZOS
Alumnado que xa estivo matriculado no noso centro e queira continuar no mesmo ciclo:
A) Repetidores de 1º curso :
1º PASO- SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA SECRETARÍA ( prazo do 23 ao 30 de xuño ás 13:00h)
2º PASO: MATRÍCULA NA SECRETARIA DO CENTRO ( do 10 de xullo ao 15 de xullo ás 13:00h).
-
B) Alumnado que promociona segundo e repetidores de 2º
Debe matricularse na secretaría do 22 de xuño ao 30 de xuño ata as 13:00 h.
-
C) Alumnado que cursou un ciclo formativo de grao básico e quere cambiar a un ciclo formativo de grao básico diferente
- Alumnado que NON ten feitos 16 anos no período de presentación de solicitudes de admisión
Se este alumnado cursou un ciclo formativo de grao básico no curso 2025-2026 e quere iniciar un ciclo formativo de grao básico diferente para o curso 2026-2027, está obrigado a preinscribirse e formalizar a súa matrícula no ciclo formativo de grao básico iniciado no curso 2025-2026 e só poderá incorporarse a un ciclo formativo de grao básico diferente se este conta con prazas liberadas ou ben reincorporarse á ESO.
De haber praza liberada no ciclo formativo do seu interese, acudirá ao centro no que se oferte e formalizará matrícula (previa anulación da matrícula preexistente no outro centro).
- Alumnado que ten feitos 16 anos no período de presentación de solicitudes de admisión
Se este alumnado cursou un ciclo formativo de grao básico no curso 2025-2026 e quere iniciar un ciclo formativo de grao básico diferente para o curso 2026-2027, poderá presentar solicitude de admisión no centro educativo no que se oferte o ciclo ao que desexa acudir. Esta nova solicitude de admisión implica a perda da praza no cen-tro no que cursou o ciclo formativo de grao básico no curso 2025-2026, e só podería retornar a el en caso de existir vacantes.