O alumnado residente poderá gozar dunha velada de terror en vivo, a actividade este ano seguirá a temática dun circo abandonado. Os/as residentes descubrirán que o circo non está abandonado realmente, atopándose cunha chea de sorpresas terroríficas: desde zonas sen saída, obstáculos, uns habitantes de medo... A súa misión saír canto antes sen quedar atrapados dentro.
