Residencia

"EXPRÉSATE" ABRIL 2026


Resumo das actividades de "Exprésate" para o mes de Abril nas que poderá participar o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera.

Programación "Exprésate" Abril 2026

Dereitos Sen Fronteiras

 

  • Mércores 8 de Abril: CANTO SABES SOBRE MIGRACIÓN?
  • Mércores 15 de Abril: PELÍCULA - "MEDITERRÁNEO"
  • Mércores 22 de Abril: CINEFORÚM - "MEDITERRÁNEO"
  • Mércores 29 de Abril: XOGOS E DINÁMICAS SOBRE MIGRACIÓN

 

En abril falaremos sobre a Migración, os seus conceptos básicos, as diferenzas que existen entre persoa migrante, persoa refuxiada ou solicitante de asilo, as problemáticas ás que se enfrontan e os duelos que atravesan...

A través da película "Mediterráneo" veremos a realidade máis dura das persoas que escapan de conflitos armados e analizaremos as consecuencias que conlevan estas situacións.

E para rematar, a través de xogos e dinámicas, como por exemplo "O labirinto migrante", un xogo que nos axuda a entender os perigos, obstáculos e estereotipos que enfronta unha persoa migrante ao intentar chegar a Europa, traballaremos a empatía.