Residencia

ACTIVIDADES RESIDENCIA MÉRCORES 7 DE OUTUBRO DE 2026


O vindeiro mércores, festivo local, o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera poderá participar nunha serie de actividades especiais.

Pola tarde de 16 a 20h teremos ao dispor dos/as residentes: 

  • Un monolito de escalada no que poñer a proba a súa axilidade.
  • Unha zona de práctica de tiro con arco onde a puntería non pode faltar.
  • Un circuíto de trickers onde a habilidade ao volante a a resistencia física serán determinantes.

 

E para finalizar o día, xa pola noite, organizaremos un torneo de brilé.