Residencia

UN NOVO MUNDO POR DESCUBRIR: os espazos naturais protexidos da provincia da Coruña


Os próximos mércores 14 e 21 de Outubro o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera poderá participar nesta actividade organizada polo CEIDA e a Deputación da Coruña.

O programa "Para unha Transición Ecolóxica" achega á mocidade participante unha ampla visión dos espazos naturais protexidos da provincia como son os parques naturais e a reserva da biosfera, co fin de que se estableza un vínculo afectivo tanto con eles, como coa natureza en xeral, e así sentar as bases de accións que desenvolvan no futuro orientadas á conservación do medio ambiente.

 

O programa inclúe dúas sesións coas seguintes actividades:

  1. Actividade na Residencia sobre o Parque Natural das Fragas do Eume: presentación breve onde se expón de maneira sinxela e amena as características dun espazo natural protexido, a importancia dunha figura de protección, a riqueza do seu patrimonio natural e cultural, os principais problemas ambientais que sofren e a forma que temos entre todos de poder axudar a protexelos.
  2. Ruta guida polo Parque Natural das Fragas do Eume - Ruta Ventureira circular.