Residencia

"EXPRÉSATE" OUTUBRO 2026


Empezamos un novo curso co resumo das actividades de "Exprésate", para o mes de Outubro, nas que poderá participar o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera.

Programación "Exprésate" Outubro 2026

Resi Connect

 

  • Mércores 14 - DINÁMICAS DE PRESENTACIÓN: Faremos diferentes dinámicas para que se coñezan, romper o xeo e comezar a crear equipo entre os/as residentes.
  • Mércores 21 - A LIÑA DA TÚA VIDA: É un exercicio gráfico e terapéutico que serve para ordenar cronoloxicamente os momentos máis importantes da historia persoal de alguén (positivos e negativos). Cada persoa creará a súa e despois compartiremos, a través de diferentes exercicios, eses momentos.
  • Mércores 28 - TERAPIA DO SORRISO: Obradoiro de Risoterapia como actividade grupal que utiliza o xogo, a expresión corporal e o riso simulado para liberar a tensión e mellorar o estado de ánimo dos nosos/as residentes.