Coa creación de adornos do Nadal para poder decorar a Residencia do IES Rosalía Mera en Recreando no mes de novembro, por parte do alumnado residente, deuse o pistoletazo de saída ás actividades para celebrar estas datas tan especiais.
Estes primeiros días de decembro, o alumnado residente e o persoal da Residencia comezaron a decorar e ambientar os espazos da residencia con motivos do Nadal. A partir de hoxe realizaranse as seguintes actividades:
- Martes 9: Saída Luces Nadal Vigo.
- Do martes 9 ao xoves 11: Concurso de Decoración de Fiestras.
- Luns 15: Saída Luces Nadal A Coruña.
- Xoves 11 e luns 15: Obradoiro de Cociña de Nadal - Galletas de manteiga e árbores de follado e chocolate.
- Mércores 17: Comida especial de Nadal, inchables e show de improvisación.


