Residencia

SEMANA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL "BAIXO O MESMO PARAUGAS"


Esta semana o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera poderá participar en varias actividades para axudar a concienciar e visibilizar o movemento pola inclusión das persoas con discapacidade.

Durante toda a semana poderán participar na actividade "Baixo o mesmo Paraugas", onde a través de instantáneas con diferentes paraugas de distinto tipo e colorido búscase dar visibilidade a unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.

O mércores 3, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, participaremos na actividade organizada por Enki en colaboración con Club Atletismo Sada e Marines. Co lema "Móvete pola Inclusión" trátase de participar correndo, camiñando ou como cada un prefira, o importante é sumar pasos pola inclusión.