O alumnado da Residencia IES Rosalía Mera retoma as actividades no comezo do novo ano.
Os luns 12 e 19 de xaneiro de 2026 poderán participar nuns novos obradoiros de repostería onde poderán aprender a elaborar unha tarta de queixo e un pastel de cabaza respectivamente.
O luns 26 de xainero de 2026 levarase a cabo un obradoiro de pulseiras de fíos de cores, un clásico atemporal. Poderán elaborar diferentes deseños de pulseiras, deixando vía libre á creatividade e experimentando coa combinación de cores.

