Programación "Exprésate" Abril 2026
Dereitos Sen Fronteiras
- Mércores 8 de Abril: CANTO SABES SOBRE MIGRACIÓN?
- Mércores 15 de Abril: PELÍCULA - "MEDITERRÁNEO"
- Mércores 22 de Abril: CINEFORÚM - "MEDITERRÁNEO"
- Mércores 29 de Abril: XOGOS E DINÁMICAS SOBRE MIGRACIÓN
En abril falaremos sobre a Migración, os seus conceptos básicos, as diferenzas que existen entre persoa migrante, persoa refuxiada ou solicitante de asilo, as problemáticas ás que se enfrontan e os duelos que atravesan...
A través da película "Mediterráneo" veremos a realidade máis dura das persoas que escapan de conflitos armados e analizaremos as consecuencias que conlevan estas situacións.
E para rematar, a través de xogos e dinámicas, como por exemplo "O labirinto migrante", un xogo que nos axuda a entender os perigos, obstáculos e estereotipos que enfronta unha persoa migrante ao intentar chegar a Europa, traballaremos a empatía.
