INFORMACIÓN:
Pode consultar os seguintes enlaces:
PROCESO E PRAZOS
Alumnado que xa estivo matriculado no noso centro e queira continuar no mesmo ciclo:
A) Repetidores de 1º curso :
1º PASO- SOLICITUDE DE ADMISIÓN CENTRALIZADO ( prazo do 23 ao 30 de xuño ás 13:00h)
Deberá cubrirse a solicitude utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.es/fp. A dirección para o acceder ao mesmo é http://edu.xunta.es/ciclosadmision
No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento XA VALIDADO débese conservar o documento impreso como resgardo
2º PASO: MATRÍCULA NA SECRETARIA DO CENTRO ( do 10 de xullo ao 15 de xullo ás 13:00h).
B) Alumnado de 1º curso que promocione para 2º CURSO ou repetidores de 2º.
PROCESO DE ADMISIÓN NON CENTRALIZADO ( do 22 ao 30 de xuño ás 13:00h).
Cubrir os impresos que se atopan na secretaría do centro.