Resumo das actividades de "Exprésate" para o mes de marzo nas que poderá participar o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera.
Programación "Exprésate" Marzo 2025
Recoñecendo o feminismo
Martes 11 - PASAPALABRA FEMINISTA: a partir do xogo "Pasapalabra" descubriremos termos relacionados co feminismo.
Martes 18 - DECONSTRUÍNDO ESTEREOTIPOS E ROLES DE XÉNERO: a través de dinámicas, veremos a diferenza entre ambos termos e as consecuencias que teñen na nosa vida.
Martes 25 - AS DESIGUALDADES DE XÉNERO NO FÚTBOL: repaso sobre diferentes situacións que ocorreron no fútbol e análise da diferenciación que existe entre os dous xéneros.