Ao longo do mes de outubro, o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera poderá participar en diferentes obradoiros con temática de Samaín.
Nas diferentes sesións poderán crear un tres en raia terrorífico, elementos para decorar a residencia como pantasmas e morcegos, prepararán a súa propia cabaza utilizando diferentes técnicas como, por exemplo, o carvado e finalizarán cun obradoiro de cociña no que prepararán unhas momias, unhas escobas e uns dedos de bruxa deliciosos.
