Dentro da actividade Recreando celebraranse varios talleres:
- O día 2 realizarase un obradoiro de máscaras de entroido no que o alumnado residente poderá crear a súa propia máscara de entroido de cero, usando todo tipo de materiais para realizar a súa creación.
- O día 9 realizarase un obradoiro de repostería, no que poderán aprender a preparar as tradicionais orellas de entroido, para finalizar cunha degustación das súas elaboracións.
- O día 23 realizarase un segundo obradoiro de repostería, neste caso centrado na elaboración das filloas, outro doce típico do entroido. Finalizarase a actividade coa degustación dos produtos elaborados.
O día 19 como momento cume das actividades de entroido celebrarase unha festa de disfraces, chea de risas, bailes e diversión.
