Programación "Recreando" Abril 2026
O alumnado da Residencia IES Rosalía Mera poderá participar durante o mes de abril en actividades de "faino ti mesmo" e de cociña dentro da programación de Recreando.
- O luns 13 de abril levarase a cabo un obradoiro de cociña mexicana onde aprenderán a preparar burritos e guacamole.
- O luns 20 de abril realizarase un obradoiro de tote bags que poderán personalizar o seu gusto.
- O luns 27 de abril e xa para finalizar os obradoiros do mes, crearán unha camiseta utilizando para a súa decoración a técnica Tie Dye.


