Esta actividade procura favorecer unha toma de decisións saudables baseadas en información científica e nunha reflexión persoal e crítica acerca da influencia das redes nos comportamentos propios e alleos da mocidade coa sexualidade e o xogo online.
Os contidos que se traballarán serán: sexualidade (hastag # sexismo, violencia; fronteira: redes sociais - alcohol - sexo e a crúa realidade: pornografía en liña) e gambling (mocidade: enredada? desenredada?).
Utilizarase unha metodoloxía baseada no uso de medios audiovisuais e actividades TRIC. Búscase a vertente máis práctica e aplicable dos conceptos e contidos das sesións á realidade do alumnado.
