A Fundación Terra de Homes traballa na defensa dos dereitos da infancia máis vulnerable, especialmente, o dereito á saúde. Un dos seus proxectos máis coñecidos é Viaxe cara á Vida, grazas ao cal nenos e nenas de diferentes países de África, con graves enfermidades pero curables son trasladados a diferentes cidades para ser intervidos. Neste caso que nos ocupa á Coruña para ser intervidos no Hospital Materno Infantil. Están acompañados por voluntarios da fundación durante todo o proceso ata que reciben a alta para viaxar de volta aos seus países.
A charla busca dar a coñecer esta labor e sensibilizar achegándonos a outras realidades. Para iso as persoas encargadas de dar a charla serán un traballador da Fundación, así como unha persoa voluntaria da entidade ou famila de acollida.
