"RECREANDO" OBRADOIROS DE ADORNOS E DECORACIÓN DE NADAL
Un ano máis nos preparamos para o Nadal na actividade Recreando, na que poderá participar todo o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera.
Durante varios días crearemos novos adornos e obxectos decorativos do Nadal, para unha vez rematados utilizalos na decoración da Residencia xunto a outros adornos de anos anteriores.