Hoxe luns 23 de novembro de 2026 organizaremos unha saída para ver a obra de teatro "Golpes" da Compañía Aantena no Auditorio do Fórum Metropolitano, á que poderá asistir o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera.
Esta actividade está enmarcada dentro do programa de actividades 2026 "Non hai escusas" polo 25N "Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres" e está organizado polo Concello da Coruña.
Trátase dun monólogo intimista duns 65 minutos, onde Estíbaliz Veiga Veiga interpreta múltiples personaxes conectando directamente co público.
Esta proposta utiliza o teatro para xerar empatía coas vítimas e visibilizar a escalada da violencia de xénero, dende o control e a manipulación ata o illamento. O seu obxectivo é fomentar o pensamento crítico contra as microviolencias cotiás e deconstruír os mitos do amor romántico, que xustifican a dependencia e desigualdade.
A través desta proposta escénica, un espectáculo cru e directo contra a violencia machista e o amor romántico desigual, preténdese visibilizar a orixe cotiá da violencia de xénero e concienciar o público sobre a importancia da detección dos sinais da violencia de xénero e a súa escalada, así como a loita contra esta.
