Residencia

ENTROIDO 2025


Semana de Entroido durante a cal se realizarán diversas actividades nas que poderá participar o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera.

Cada un dos días da semana o Meco ordenará a todos o que teñen que facer ao día seguinte como: traer zapatos diferentes, poñerse algo ao pescozo, ir en pixama...

O xoves 27 celebrarase unha gran festa con cea especial na que haberá degustación de doces típicos de entroido, cócteis sen alcol e concurso de disfraces.