Residencia

"RECREANDO" MARZO 2026


Programación "Recreando" Marzo 2026

O alumnado da Residencia IES Rosalía Mera poderá participar durante o mes de marzo en actividades de manualidades e de repostería dentro da programación de Recreando.

  • Os luns 2 e 9 de marzo realizaranse obradoiros de manualidades con hama beads e con caixas de ovos, respectivamente.
  • Os luns 16 e 23 de marzo realizaranse obradoiros de repostería centrados na preparación duns bombóns de chocolate e duns donuts saudables, respectivamente.